Proba de color para Leo

Proba de color para Leo

As veces teño tendencia a meterme en proxectos persoais que comezan a medrarme na cabeza sen control, o problema disto é que podes chegar a ter a sensación de que é algo tan titánico que nunca conseguirás rematar, e si que rematas… con el nun caixón. Desta vez creo que vouno ter máis difícil pois en canto o meu primeiro crítico reciba a primeira parte deste proxecto, con sorte, e se lle gusta vaime obligar a rematalo, e é que non hai nada máis convincente que un neno de case seis anos.
Aquí vou deixarlle a primeira proba de color pra que me dea a súa opinión, so lle pedirei a cambio que me debuxe un robot deses tan chulos que fai pra poñelo na miña nevera.

proba-de-color

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.