V de Vareada

Random.

Ata non fai moito as orixes dos peliqueiros, cigarróns e pantallas eran incertos, había teorías que falaban de ritos prehistóricos ou representacións de cobradores de impostos, pero un descubrimento recente por fin aporta luz a tanto misterio. Entre caixas de cartón e envolto en periódicos e bolsas de supermercado nunha esquina dun garaxe dunha casa no lugar de Arcucelos, investigadores, aproveitando o tempo libre que lles deixa o paro, atoparon e someteron a unha meticulosa investigación un manuscrito ilustrado dun historiador medieval practicamente descoñecido.

Este manuscrito firmado por Alan De Moure da un xiro a cultura e tradición entroidística galega. Nel narra a historia dun heroe anónimo, coñecido polos paisanos da época como V, “V de Vareada”. Un home ou muller anónimo, o sexo é descoñecido, que despois de sufrir o asoballamento e humillacións dos estamentos dominantes na época adicouse a percorrer as nosas terras mallando en señores feudais, fidalgos, cabaleiros, bispos e incluso monarcas. Alan De Moure conta que a fin de V foi incerta. Unha das teorías que expón sostén que puido morrer na queima dun castelo que un século despois serviría de inspiración para as “Revoltas Irmandiñas”. A súa ousadía e burla cara o poder foi tal que exercía unha grande fascinación para o pobo incluso despois da súa desaparición. De Moure reproduce a única frase de V que quedou rexistrada para a posteridade e que viaxou de boca en boca entre as xentes da época “Baixo esta máscara hai algo mais que carne e oso, baixo esta máscara hai uns ideais, arcebispo, e os ideais son a proba de lanzas.” Despois da súa morte o poder puxo todo o seu empeño en borrar a V da historia e tivo moito éxito luxando, incluso, a súa imaxe ó asocialo a un cobrador de impostos. Pero despois de este achádeo poderemos restituír a súa memoria e como lle pasou a outros revolucionarios facelo reencarnarse en camisola. O que despois queirades ou non aprender de el , é cousa vosa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.